Grandes cubos iluminados que suxiren contedores de mercadorías portuarias conforman a exposición permanente, na que podemos ver documentos de vídeo e audio, pantallas interactivas e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca. Pero o Museo do Mar non só é a colección permanente: explora tamén as exposicións temporais.
O Museo do Mar de Galicia, como institución que investiga e divulga, está a traballar en ambiciosos proxectos en colaboración con outros organismos como A memoria do mar, o proxecto Neuston ou o encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.
Este mércores 22 de maio ás 20:00 h, terá lugar no noso museo a inauguración de VII Mostra de Modelismo Naval. Amonaga 2013, na que poderán disfrutar de verdadeiras xoias deste arte.
Este ano a mostra conta como artista invitado con Pedro Iglesias Penedo.
A mostra estará aberta nas seguintes datas:
Do 23 de maio ao 30 de xuño
Horario: de martes a domingo
O Museo do Mar de Galicia quere celebrar este día realizando unha xornada de portas abertas, para que todas aquelas persoas que desexen gozar deste día connosco o poidan facer de forma gratuíta, ofrecendo ademais toda unha serie de actividades didácticas onde poderán vir a divertirse e aprender tanto os máis pequenos coma os maiores.
Pódese consultar o programa de actividades premendo aquí
Todas as actividades requiren reserva previa
Teléfono: 986247750
Horario para reservas: de martes a venres de 10 a 14h e de 17 a 19 h
Cando: Xoves 16 de maio
Horario: de 19:30 a 21:30
Onde: Auditorio do Museo do Mar de Galicia
Entrada de balde.
Este xoves 16 de maio remata o ciclo de conferencias sobre Arqueoloxía Subacuática celebrado no noso museo.
Nesta ocasión contaremos coa presenza do arqueólogo Miguel San Claudio, da empresa ARCHEONAUTA S.L., quen virá a falarnos de do “Proxecto Finisterre” e o pecio “SS Great Liverpool”.
Ademais poderase ver unha pequena exposición das pezas atopadas nas intervencións.
O Museo do Mar de Galicia quere celebrar o día do libro agasallando cunha das súas publicacións a todas as persoas que se acheguen este sábado 27 e domingo 28 de abril a visitar as nosas instalacións.
Lembrámosvos que o horario de apertura é de 10 a 14h e de 17 a 19h (o acuario pecha ás 18:50h).
Non perdades esta gran oportunidade e animádevos a visitarnos!
*ata esgotar existencias.
Horario de apertura:
de martes a domingo
Mañá: de 11 a 14 h
Tardes: de 17 a 19 h (ata o 14 de xuño) e de 17 a 20 h (dende o 15 de xuño)
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar