• gl



“OCÉANO” de Antón Patiño

Do 17 de setembro ao 30 de novembro 2015 poderase visitar na nosa sala de exposicións temporais esta magnífica exposición.

Primeira exposición monográfica adicada ao océano deste coñecido artista a nivel mundial, composta por 18 obras, 12 delas de gran formato, que nos mergullan na inmensidade do gran azul, que nos levan por un mundo de sentimentos … o medo, a soidade, pero tamén o risco e a aventura.

Na exposición atopamos obras como “Ollos de Boi”, dende a que miraremos ao mar, “Memoria Subacuática”, onde viaxaremos ás profundidades ou “Furna de Fingal” que nos sitúa no interior dunha furna coas súas columnas de basalto dende a que axexamos á masa hipnótica do azul.

A exposición estará aberta dende o mércores 17 de setembro ao domingo 30 de novembro 2015 en horario de apertura do museo

A entrada será de balde a primeira semana (do mércores 17 ao domingo 21 de setembro) despois aplicaranse as tarifas habituais do museo


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar