• gl



TIERRA MAR AIRE

A Fundación Aena é unha institución cultural vinculada a Enaire, E.P.E., entidade pública que posúe unha gran colección de obras de arte contemporánea española e iberoamericano que supera as 1.600 pezas. Este extraordinario caudal artístico compón a Colección Aena de Arte Contemporáneo, valioso conxunto de carácter público cuxa conservación, mantemento e difusión está encomendado á Fundación Aena dende 1995.

A mostra que presentamos ofrece unha mirada ata agora inédita sobre os fondos artísticos que conforman a Colección.

Preséntanse nas salas deste Museo medio centenar de pezas cuxa temática recolle de forma natural, ou suxire segundo o enxeño e a creatividade do artista, cada un dos tres elementos que dan título á exposición: TERRA MAR AIRE.

A selección de obras traslada ao visitante de forma transversal dende a figuración da Escola de Vallecas, coa obra de Martínez Novillo, ata a expresiva abstracción do lalinense Antón Lamazares. Da man de artistas españois e hispanoamericanos de renome, as obras recollidas na exposición reproducen paisaxes en calma, mares embravecidos e espazos aéreos, todos eles moi suxestivos.

Do 19 de marzo ao 24 maio 2015


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar