Resolución de adxudicación provisional do contrato para a xestión en reximen de concesión dos servizos de restaurante e bodegón do Museo do Mar de Galicia


O órgano de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, dacordo co establecido nas Instruccións Internas de Contratación aprobadas polo Padroado de 26 de xuño de 2008 , vistas as ofertas presentadas a licitación e o informe de valoración de ofertas,

Resolveu

  1. Adxudicar provisionalmente o citado contrato á empresa APIQUES RESTAURACION S.L., con CIF B-27717107 e por un importe de NOVENTA E NOVE MIL EUROS (99.000,00 euros), IVE aparte.
  2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato 5 ANOS.
  3. Ordenar a publicación no perfil do contratante.

Vigo, a 28 de xaneiro de 2010

O Director
Pablo Carrera López




Museo do Mar de Galicia.