RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL EXPEDIENTE: SUM/12/11 ASUNTO: Subministro de enerxía eléctrica nas instalacións do Museo do Mar de Galicia


Con data 3 de maio de 2012 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o SUBMINISTRO DE ENERXÍA ELECTRICAS NAS INSTALACIONS DO MUSEO DO MAR DE GALICIA, por procedemento aberto, a favor da empresa UNION FENOSA COMERCIAL S.L., con CIF B-82207275.
Dende a publicación no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.
Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación
RESOLVE:
1º Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa UNION FENOSA COMERCIAL S.L., con CIF B-82207275 según os seguintes prezos unitarios:

Periodo 1: potencia 210Kw – prezo, en céntimos de euros, do Kw: 0,166358 – prezo do término de potencia, €/Kw año 16,925945
Periodo 2: potencia 210Kw – prezo, en céntimos de euros, do Kw: 0,134731 – prezo do término de potencia, €/Kw año 8,470298
Periodo 3: potencia 210Kw – prezo, en céntimos de euros, do Kw: 0,109112 – prezo do término de potencia, €/Kw año 6,198851
Periodo 4: potencia 210Kw – prezo, en céntimos de euros, do Kw: 0,088161
prezo do término de potencia, €/Kw año 6,198851
Periodo 5: potencia 210Kw – prezo, en céntimos de euros, do Kw: 0,081373 – prezo do término de potencia, €/Kw año 6,198851
Periodo 6: potencia 451Kw – prezo, en céntimos de euros, do Kw: 0,065490 – prezo do término de potencia, €/Kw año 2,828316

Prezo do aluguer do equipo de medida, en euros/mes: 75,13 €.
2º Establecer como prazo do contrato o de UN ANO.
O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 23 de maio de 2012

A Directora do Museo do Mar de Galicia
Marta Lucio Gómez




Museo do Mar de Galicia.