O luns 26 de maio ás 19:30 horas, terá lugar no noso museo a inauguración dun novo espazo de exposición permanente, “25 séculos de oceanografía”, no que se presenta unha aproximación ao saber do medio mariño que o home foi adquirindo dende a máis remota antigüidade ata a actualidade.
A exposición divídese en dúas partes, nas cales se amosan diferentes pezas, algunhas realmente espectaculares.
Nunha primeira parte faise un percorrido histórico dende a Grecia Clásica ata o Século XX, percorrido que achegará aos visitantes aos grandes investigadores de cada época e a outros non tan coñecidos, pero non por elo menos importantes, pois fálase de investigadores galegos doutros tempos que fixeron destacados descubrimentos neste ámbito.
Na segunda parte o percorrido é máis científico, nel tenta ofrecer unha interpretación das distintas áreas en que na actualidade se move a investigación no eido da oceanografía, focalizada esta visión sobre todo na nosa área xeográfica.
E con motivo da inauguración o museo celebrará dende o martes 27 de maio ata o domingo 1 de xuño unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS no edificio principal, para que todas aquelas persoas que o desexen podan achegarse a ver o novo espazo expositivo totalmente DE BALDE.
Poden consultar o horario de apertura do museo no seguinte enlace
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar