• gl



ACTIVIDADES DE VERÁN 2014

Do 27 de xuño ao 15 de setembro o Museo do Mar de Galicia vai a ofrecer a todas aquelas persoas que desexen pasar o día connosco toda unha serie de experiencias didácticas onde poderán vir a divertirse e aprender.

As nosas actividades están dirixidas a todo tipo de público, xa sexan pequenos ou maiores, e calquera tipo de grupo pode participar (grupos de persoas con necesidades especiais, 3º idade, amigos, familias… ), o único que teñen que ter en conta son os límites de idade que hai establecidos para cada experiencia e que todas as actividades requiren reserva previa, pois as prazas son limitadas!

Consulta as nosas actividades neste ENLACE

Anímense a chamar e reservar para vivir distintas experiencias no noso museo este verán.

Teléfono: 986 24 77 50

Horario para reservas: de martes a venres de 11 a 14 h e de 17 a 20 h


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar