• gl



ACTIVIDADES DE NADAL 2014

Este NADAL o Museo do Mar de Galicia quere festexalo ofrecéndolles vivir unha nova aventura nas súas instalacións. Do 20 de decembro ao 7 de xaneiro o Museo do Mar de Galicia vai a ofrecer a todas aquelas persoas que desexen pasar o día connosco toda unha serie de experiencias onde poderán vir a divertirse e aprender.

As nosas actividades están dirixidas a todo tipo de público, xa sexan pequenos ou maiores, e calquera tipo de grupo pode participar (grupos de persoas con necesidades especiais, 3º idade, amigos, familias… ), o único que teñen que ter en conta son os límites de idade que hai establecidos para cada experiencia e que todas as actividades requiren reserva previa, pois as prazas son limitadas!

¡ANÍMENSE A FACER A SÚA RESERVA!

986 24 77 50 (de martes a venres de 10 a 14 h e de 17 a 19 h)

Máis información aquí


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar