DE MARTES A XOVES ÁS 11:30. CON RESERVA PREVIA.
(Mínimo 5 e máximo 25 participantes)
DE 3 A 7 ANOS (sempre acompañados de adultos)
- A casa dos vellos mariñeiros
Nesta actividade os participantes transformarase en pequenos mariñeiros e internaranse no particular mundo da cultura tradicional mariñeira de Galicia; vivirán unha experiencia que lles permitirá coñecer e practicar algunhas das actividades que realizaban os vellos mariñeiros galegos e, ademais, visitarán o acuario onde descubrirán algúns dos segredos que gardan os peixes e outros seres mariños que alí se atopan.
- Marcus e o segredo do mar salgado
Durante esta actividade os participantes viaxarán no tempo e vivirán unha verdadeira aventura chea de sorprendentes descubrimentos, que os levará a coñecer dun xeito divertido a cultura galico-romana. Ademais visitarán o acuario onde lles contaremos unha curiosa historia.
A PARTIR DE 8 ANOS (menores sempre acompañados de adultos)
- Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar
Esta actividade ofrece a posibilidade de facer unha viaxe no tempo, e para facer esta viaxe os/as participantes converteranse en arqueólogos/as e realizarán unha escavación arqueolóxica fielmente simulada, para despois traballar os resultados nun laboratorio científico, e, por último, empregando réplicas exactas, transformaranse na mesma xente que descubriu a través da escavación.
- A Conquista do Mundo Submarino
Nesta actividade poderán coñecer de preto e incluso experimentar nas súas propias carnes os segredos e descubrimentos da historia da conquista dun vello sono humano: ser coma os peixes e poder desvelar os misterios dos fondos mariños…..e volver a superficie para contalo, claro.
DE MARTES A XOVES ÁS 11:30 OU 18:00. CON RESERVA PREVIA.
(Mínimo 5 e máximo 25 participantes)*
A PARTIR DE 8 ANOS.
- Descubrindo o Pacífico
Pase guiado vivencial a nova exposición temporal “Pacífico. España e a aventura do Mar do Sur”. Neste pase visitarán a exposición dun xeito ameno e divertido.
- Un paseo polo Museo do Mar
Para todas aquelas persoas que desexen coñecer un pouquiño máis do noso museo e os seus contidos ofrecemos este paseo polo seu interior, onde daremos unha pequena explicación sobre ás súas exposicións permanentes e pezas principais, incluído o acuario.
OS VENRES ÁS 11:30. SEN RESERVA PREVIA (consultar condicións)
TODAS AS IDADES (menores sempre acompañados de adultos)
- Alimentación dos peixes do acuario.
Poderán ver como un dos nosos acuaristas se mergulla no acuario para dar de comer aos seus habitantes.