Esta fin de semana o Museo do Mar de Galicia desenvolveu unha nova actividade do programa “Roteiros pola costa”, co roteiro “O Vigo Romano”. As especiais condicións da visita, que só permiten un aforo de 30 persoas dentro de Salinae levaron a repetir a experiencia sábado e domingo cun éxito total de público.
O percorrido comezou cunha completa visita dunha hora de duración a “Salinae”, o Centro Arqueolóxico do Areal. Despois a ruta percorreu os principais puntos da antiga costa, hoxe xa rúas principais do centro da cidade. Nos últimos anos a arqueoloxía ten atopado a pegada deixada nestas terras pola civilización romana.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar